martes, 3 de marzo de 2009

#libros #computación | O valor do envoltorio : un estudo da influencia das TIC nos centros educativos

O valor do envoltorio : un estudo da influencia das TIC nos centros educativos / Grupo Stellae ; Ma. Lourdes Montero (coord.)
Xerais, Vigo : 2008.
462 p.
Coñlección: Universitaria
ISBN 9788497826471
Materias:
Biblioteca Sbc Investigación 371.6 VAL


Este libro está dirixido a todas aquelas persoas que se preguntan como mellorar a educación coa mirada posta nas transformacións das TIC (ordenadores, equipos multimedia de CD-ROM, Internet, televisión dixital, tecnoloxía móbil...), tan omnipresentes en todos os ámbitos da nosa vida cotiá. A escola enfróntase na actualidade de maneira irreversible, aos retos de incorporación e apropiación das TIC; un dos principais é, sen dúbida, atopar o seu lugar nese proceso en función dos seus propios intereses educativos. Facelo require dun modelo no que teñan acomodo os patróns culturais cos que se socializan a infancia e a mocidade, favorecendo competencias culturais para comprender e utilizar os recursos expresivos das TIC e interpretar os seus discursos en clave sociopolítica. En definitiva, un compromiso cos niveis máis altos para todos os cidadáns no acceso á sociedade do coñecemento. Hoxe hai máis xente que accede á educación pero, ao tempo, aumenta a disparidade entre aqueles que gozan dunha cualificación suficiente para o mercado de traballo e os que quedan á marxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario